jueves, 21 de septiembre de 2017

Calendario escolar "Apúntate unha idea"

Empezamos o curso recibindo o calendario escolar "Apúntate unha idea". Editado cos traballos premiados e seleccionados nas categorías de debuxo, slogan e relatos, pola Concellería de sanidade do Concello de Ourense, dentro da campaña de prevención de consumo de alcohol: Desmonta o alcohol. 
Encantados de ver o bonito debuxo de Lauro Kavan, que resultara gañador do primeiro premio, presidindo o mes de setembro, o microrrelato de Gema Da Rocha, no mes de decembro, o relato de Edilia Domínguez atopámolo na folla de febreiro, e xa en abril o debuxo de Paula Gómez e o microrrelato de David López en maio. 
Noraboa a todos e moitas a grazas ao concello polos calendarios, que difunden os bonitos e didácticos traballos dos estudiantes por todos os colexios da nosa provincia.

LAURO 3ºESO

GEMA 3ºESO

EDILIA 3º ESO

PAULA 2º ESO
Na categoría de clipmetraxes foron moitos os premiados do cole que tamén lembramos nesta entrada, non deixedes de adicar un minuto para ver estes estupendos vídeos:

                 PRIMER PREMIO xurado: Gema Da Rocha  e Carlos Cuesta   por "As nosas ideas" .




                 

             ACCÉSIT: Soraya Antelo Gómes  por "Pataquín e Patacón no Botellón"



                 
                     ACCÉSIT: Yanelfi Lavandier   por "Bebe as horas...sen alcohol"



               
                   MENCIÓN HONORÍFICA: "Nós mesmos sen alcohol" (Participa titoría de 4º ESO A)


   
                                                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario