viernes, 15 de septiembre de 2017

Benvid@s! Comezamos un novo ano escolar!

O curso 2017- 2018 comeza xa! 
O colexio Padre Feijoo- Zorelle abre as portas de novo a todo o alumnado neste  curso académico 2017- 2018, o profesorado xa está listo! 
Hoxe neste primeiro día de colexio na secundaria e bacharelato, todo se volven reencontros entre amigos, sorrisos e moitas emocións ante esta aventura que iniciamos xuntos. Con moita ilusión comezamos este  ano escolar con novos proxectos e continuando cos que xa temos en marcha, sempre na búsqueda do éxito académico e persoal que todos xuntos podemos acadar.


                    Xuntos na procura do éxito! 

Dende o Departamento de bioloxía e xeoloxía lembrámonos de que somos Ciencia Activa, e pronto retomaremos a actividade dos blogs cos novos contribuíntes que colleredes a testemuña de ambos blogs tanto en BAC coma na ESO, sei que é unha responsabilidade pero contaredes coa axuda dos profes, non teño ningunha dúbida de que o faredes moi ben. 
Continuaremos con proxectos que xa coñecedes coma: ArtCiencia, Coach- Kids, Novos profes, colaboracións Post Crossing, microrrelatos científicos...e algún outra novidade que xa iremos contando e que vos permitirán mellorar as vosas calificacións e aprender por vos mesmos!
                              Benvid@s!

Resultado de imagen de bienvenidos nuevo curso

No hay comentarios:

Publicar un comentario