lunes, 8 de mayo de 2017

Teatro e ciencia no IV Festival do Libro!

TODO O PÚBLICO ATENTÍSIMO!
"Aventuras científicas" un proxecto da materia de cultura científica para o Festival do libro do noso colexio. Os estudiantes do proxecto Ciencia Activa bac levan a cabo por segunda vez esta iniciativa coordinados pola profesora de bioloxía. O resto do alumnado de secundaria do colexio espectantes desexan ver aos compañeiros de 1º bac interpretar con humor feitos destacados da ciencia ao longo da historia, un bo xeito de aprender e divertirse.
O GRUPO DE DARWIN ACTUANDO!
Aventuras científicas precisa de moito tempo de preparación xa que consta de varios procesos:
  1. Elección dos científicos por grupos.
  2. Quen son os presentadores?
  3. Escribimos unha letra para unha canción que faga de presentación das nosas Aventuras Científicas
  4. Inventamos e ensaiamos unha coreografía para presentar o teatro.
  5. Labor de investigación sobre a vida e experimentos dos científicos elexidos.
  6. Posta en común sobre os datos mais relevantes e curiosidades que queremos destacar dos científicos.
  7. Comezamos a pensar na posta en escea e os diálogos sobre as representacións teatrais.
  8. Escribimos os diálogos dos narradores e dos intérpretes das nosas pequenas aventuras científicas.
  9. Apuntamos todo o material que precisamos para a posta en escena, e vestimentas para cada actor. (Aproveitamos complementos e accesorios do entroido)
  10. Practicamos as obras teatrais durante o mes de marzo e representámolas no IV Festival do libro no mes de abril.
CELEBRANDO AO REMATE DAS REPRESENTACIÓN

Neste vídeo vedes un resumo das fotos que recollen algúns dos momentos de "Aven
turas Científicas", foi fantástico! Todo o público moi atento e desexando máis das nosa aventuras...pero terán que esperar  á V Edición do Festival!