miércoles, 24 de febrero de 2016

II Concurso Microrrelatos Científicos!

II Concurso de Microrrelatos Científicos- Ciencia Activa no curso 2015-2016, convocado dende o Departamento de Ciencias Naturais para a participación no III Festival do Libro, exemplo da interdisciplinaridad dos proxectos de centro.
Que é un microrrelato científico? 
É un texto curto onde contas algo empregando terminoloxía de ciencias (poden ser termos de bioloxía, matemáticas, física, química, ou xeoloxía).
Autor logo: Carlos 
O importante é que sexa inédito, deixando voar a imaxinación xa que a temática é libre, e todos podemos ser creativos!
Os microrrelatos poden ser en galego ou castelán, cun máximo de 150 palabras!
A presentación dos microrrelatos para esta II edición está aberta ata o 18 de marzo de 2016.
A entrega de premios dos finalistas e premiados será na clausura do III Festival do Libro.Todos os microrrelatos científicos finalistas serán expostos nun mural de temática científica durante a Semana Cultural no mes de abril.
Deixamos este vídeos dos finalistas da edición anterior e o enlace en issuu do primer premio da edición anterior:
PRIMER PREMIO (2014-2015)- Pablo Rodriguez

No seguinte vídeo vemos os finalistas e premiados da primeira edición do concurso:




No hay comentarios:

Publicar un comentario