domingo, 20 de octubre de 2013

Concurso de presentacións: " Ciencia Activa "


"Ciencia Activa" é un proxecto no que os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC participaredes na elaboración dunha presentación en google drive ou power point, sobre un tema elexido por vos relacionado ca Bioloxía e Xeoloxía.

Os prazos de entrega das presentacións son:
  - 5 de decembro para os alumnos de 1ºBAC.
  -13 de xaneiro para os alumnos de 3º ESO e 4º ESO.
As enviades ao meu correo.

As presentacións califícanse como traballo práctico da materia. As mellores publicaranse neste Blog ou no Blog de Alumnos de 1ºBAC, ou na Web do Centro. E ca vosa autorización poden publicarse en Slideshare.
Importante: A elección libre dos temas remata este mes!
Como referencia podedes ver algunha das presentacións feitas no curso anterior:
Lembra: Pon o texto en galego, revisa a ortografía, portada, índice, concepto, tipos, orixe, causas, consecuencias, efectos, gráficos, vídeos..., conclusións ( número de diapositivas entre 10-15)

miércoles, 16 de octubre de 2013

Día Mundial da Alimentación

A protección da biodiversidade é unha garantía para obter alimentos dun xeito sustentable. Este ano 2013 a FAO adica o Día Mundial da Alimentación aos sistemas alimentarios sustentables.






lunes, 14 de octubre de 2013

Nobel de Medicina 2013

Nobel de Fisioloxía e Mediciña 2013, premia a achega dun sistema de transporte nas células que podería no futuro curar enfermidades coma a diabetes ou transtornos inmunolóxicos!

viernes, 11 de octubre de 2013

A Función de Relación nos seres vivos

Todos os seres vivos sabedes que se nutren, se reproducen, e se relacionan. Cando falamos de relación, lembramos que é a capacidade de captar cambios ambientais e responder a eles. As bacterias, as plantas, os fungos, os protozoos e os animais por suposto que o fan de xeito distinto. Nesta presentación tendes un resumo desta función nos diferentes Reinos.


viernes, 4 de octubre de 2013

Unha nova experiencia

Este curso os alumnos de 1º BAC están iniciando un blog no que irán publicando novas científicas, información, datos, experimentos...relacionados cas materias de Ciencias do Mundo Comtemporáneo, e Bioloxía e Xeoloxía. A súa dirección é: http://bioxeozorelle1bac.blogspot.com.es/


martes, 1 de octubre de 2013

ADN, estructura, xénetica e evolución


Con este vídeo podemos comprender a relación entre a Xenética e a Evolución dos seres vivos, grazas o decubrimento da molécula portadora da infomación necesaria para o funcionamento dos organismos: o ADN.