viernes, 26 de abril de 2013

As Médulas do Bierzo: unha paisaxe cultural e natural


A zona arqueolóxica Médulas ten numerosos recorridos naturais que invitan o paseo e o disfrute do medio, a visita guiada que fixemos o grupo de 4º ESO permitiunos comprender mellor unha das maiores explotacións mineras da época romana.
Pasamos un día estupendo disfrutando da natureza, o tempo que aprendemos curiosidades da enxeñería romana.
Moitas grazas polo voso comportamento!


jueves, 25 de abril de 2013

50 anos do descubrimento da Dobre Hélice do ADN


O 25 de abril do 1953 os biólogos James Watson e Francis Crick presentan os resultados das súas investigacións na revista Nature, describindo a estrutura molecular do ADN, en forma de dobre hélice.

(Fuente: sinc - El ADN ya tiene forma)


lunes, 22 de abril de 2013

Día Mundial da Terra

O Día da Terra celébrase o 22 de abril, e ten como obxectivo crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación,  a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o noso planeta.

Todos somos responsables dunha xestión sostible dos recursos, as enerxías, os residuos, ... A conciencia individual e educación ambiental son as claves para garantir o futuro da terra, debemos lembralo!


martes, 9 de abril de 2013

Os Bacteriófagos


Os virus que infectan bacterias para poder reproducirse,  son os bacteriófagos. Realizan a súa reproducción mediante o ciclo lítico e lisoxénico que se describen neste vídeo de xeito sinxelo, e pode axudar os alumnos de 2ºBAC a súa comprensión.