lunes, 23 de abril de 2012

Reproducción vexetal

Neste vídeo os alumnos de 1º de BAC atoparedes unha axuda ó que estamos vendo da reproducción vexetal de anxiospermas.

jueves, 19 de abril de 2012

O Misterio das neuronas

neurons


O Misterio das neuronas é o título desta entrada de Xurxo Mariño onde nos descobre os segredos das neuronas, as células máis importantes do noso corpo, xa que conducen os sinais eléctricos que determinan os pensamentos, a memoria, as emocións, a palabra e o movemento muscular.
As neuronas do teu Sistema Nervioso Central mórrense aos poucos, pero tes tantas que a cousa non é preocupante. En caso de necesitar unha reserva extra de neuronas, hai un pequeno problema, xa que esas células non se dividen; son os custos de manter a integridade estrutural e funcional do sistema. Aínda así, hai dous procesos de rexeneración en marcha: os axones das neuronas periféricas poden restaurar as súas conexións tras unha lesión e, por outra banda, nalgunhas rexións do Sistema Nervioso Central constatáronse procesos de neuroxénesis que dan lugar ao nacemento constante dun limitado número de neuronas ao longo de toda a vida.